|
Feira, romaría,
orquestras, foliadas, obradoiros, concertos - dende rock galego a encontro
de corais - teatro, danza tradicional e danza contemporánea,
exposicións, poesía, astronomía e pantasmas
nas festas do barrio de san Pedro que se celebran entre o 24 e o 28
de xuño en Compostela.
Un
ano máis a Asociación Cultural do Barrio de San Pedro organiza- ca
colaboración da Asociación Veciñal A Xuntanza, a Asociación de Comerciantes
do Barrio de San Pedro, e veciños e veciñas – cinco días de Festas
que arrancan un día despois do San Xoán, o mércores 24, ca apertura
da Exposición do Concurso de Cartaces 09, con Tangatutanga
Teatro e o seu cabaré laboral “Aberto por folga” e ca reinterpretación
das músicas populares da guerra civil de Brigada Bravo e Díaz.
O
xoves 25 o programa ábrese no auditorio do museo do pobo galego co
VI Encontro de Corais, e continúa ca Foliada Churrascada
que a partir das dez da noite reunirá as formacións Tanxedoras,
Ruote e Tiruleque na Praza 8 de marzo.
A
Noite do Lastro, a noite do venres 26, inaugurase pola tarde ca
charanga Os Veraneantes e Cabezud@s nun pasarrúas que
encherá o barrio de música dende as sete e media. Ás oito sumarase
a Banda de Música de Lousame e o espectáculo de danza vertical
As Carmenciñas do grupo Duelirium.
A Praza 8 de marzo, na Porta do Camiño será de novo o espazo no que
os grupos Fracasados de Antemano, Cuchufellos
e Galegoz ofrecerán os tres concertos da noite do lastro. Entre
grupo e grupo, haberá que andar con coidado pola praza, pois a música
non deixará de soar e alguén preguntará “de onde vén?”. Virá
de Ce a Orquestra Pantasma.
A
mañá do sábado 27 a rúa de San Pedro amencerá con música, ca animación
que A Magnifique Bande dos Homes sen Medo
fará a xa tradicional Feira do Barrio. Tamén haberá ás doce
e media un Concerto para nenas e nenos. E mentres hai Feira -
a rúa cortada, postos dende a Porta do Camiño ao Cruceiro - celebraranse
Obradoiros: de rap e regueifa e de barro, Carauta Teatro
achegaranos O romance da Oliva, que san Pedro llo bendiga
e haberá actuación do Grupo de Música e baile tradicional Brincadeira.
Tamén poderemos mirar arriba, ao ceo, ca Astronomía na Beirarrúa.
Amais, a noite do sábado o escenario sobe a rúa e o Cruceiro acollerá
a Verbena ca Orquestra Lamas, que tamén ofrecerá sesión
vermú á unha e media.
As Festas Barrio de San Pedro
09 rematan o domingo no Parque de Belvís cunha Romaría
con polbo e churrasco, con xogos inchables, con obradoiro de barro,
xogos tradicionais e Os Estalotes. Iso será a partir das dúas.
Antes, pola mañá, haberá pasarrúas con Gaiter@s e Cabezud@s,
actuación da Banda Municipal de Música, recital poético
Rebelión da décima Musa II e actuación do Grupo de Baile e Escola
de Gaitas A Xuntanza.
Tags: FRACASADOS DE ANTEMANO CUCHUFELLOS GALEGOZ |